domingo, 28 de xaneiro de 2024

Coñecemos as bibliotecas de centros educativos estranxeiros colaboradores do PIALE

 

O pasado 19 de xaneiro as nosas compañeiras Teba Santos, María Bravo e Marga Esteban, dentro da fase de difusión do programa PIALE, contáronnos a súa experiencia nos centros de ensino Escola Profissional de Gaia, ISAG-European Business School Porto e Sainte-Marie Bastide de Bordeaux, onde realizaron o período de observación e integración. Grazas á súa experiencia, coñecemos o funcionamento das bibliotecas dos seus centros de destino, as súas funcións e perfís profesionais e algúns espazos realmente suxerentes. Sacamos un montón de ideas para poñer en marcha! 



Ningún comentario: