Amosando publicacións coa etiqueta Cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cine. Amosar todas as publicacións

xoves, 7 de marzo de 2024

E por fin chega a Semana CAM


Un dos eventos máis agardados polo alumnado do noso IES é a Semana do cómic, manga e anime. E xa temos a programación! 

Lembra que tes que anotarte na mesa habilitada no hall, entre o 11 e o 14 de marzo, para participar nas actividades! 

Mil grazas a Eneko Leonet, de 2º de Bacharelato, polo cartaz e o vídeo promocional.  E, por suposto, á rapazada do club de lectura de cómic e manga que organiza xogos e obradoiros! Arrincamos!


Para ver o programa, descarga o cartel e amplía a imaxe!

xoves, 18 de decembro de 2014

GUÍA NADAL 2014. Do papel ao celuloide


Como sabedes, as adaptacións cinematográficas de libros sempre xeran polémica. Para algúns, a historia orixinal sempre  perde nas adaptacións e para outros, ao contrario, é un valor engadido ao texto o feito de que as historias cobren vida na pantalla -sempre que o traballo se fixera con rigor, claro.

Pois, efectivamente, hai de todo. Podemos atopar películas que lle fixeron un fraco favor ao texto, ata o punto que se alguén ve a versión cinematográfica  queda sen ganas de ler o libro no que estivera baseada. E non imos dar nomes, pero a lista seria abundante.  Ou todo o  contrario, algunhas están tan logradas que substitúen na nosa retina e na nosa imaxinación a obra orixinal. Estou a pensar, por exemplo, en O nome da rosa. Non sei se Umberto Eco estará de acordo, pero é case imposible reler a novela sen poñerlle a Guillerme de Baskerville o rostro de Sean Connery e concibir un escenario distinto a abadía benedictina recreada polo director, Jean-Jacques Annaud.

Aquí tedes unha selección de películas e os seus correspondentes libros e vós elixides a lectura ou o visionado. Con que vos quedades?  De calquera xeito, disfrutádeos.




L

martes, 25 de novembro de 2014

Novedades de cine.

Tedes á vosa disposición algunhas películas novas na Biblioteca. As das fotos e algunha máis, como

  • La Guerra de los Mundos
  • Cisne Negro
  • El Orfanato
  • Memorias de África, 
  • Sin Perdón
  • Up In The Air.

Así que, se queredes pasar uns bos ratos con algúns bos filmes xa sabedes: pasádevos pola biblioteca. Esperámosvos.

E non olvidedes consultar o noso catálogo. Inda hai moitas máis.