Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fomento da lectura. Amosar todas as publicacións

martes, 1 de abril de 2025

luns, 22 de febreiro de 2021

Invitación a leer de Bruno Le Maire


Atención! Pregunta: Sabes como se chama o ministro francés de Economía? Non?

Pois é moi probable que, despois de escoitar este sereno pero emotivo alegato en favor da lectura de Bruno Le Maire, lembremos este nome. Mirade o vídeo.







venres, 13 de marzo de 2020

Educar en Xustiza: Do libro ó estrado.


Resultado de imagen de crímenes von schirach
Crímenes de Von Schirach

En once breves relatos, Von Schirach dános a coñecer algúns dos procesos nos que interveu como avogado defensor na Corte de Berlín. Son once casos que, aínda que presentados de forma obxectiva, fannos reflexionar sobre a personalidade, os sentimentos, as emocións e as motivacións do criminal. 

Desde a promesa do médico Friedhelm Fähner á que resultaría ser co tempo a súa “inaguantable” esposa. Ou o enxeño de Karim para burlar todo o mecanismo xudicial cunha simple proba e, deste xeito, conseguir que salga absolto o seu irmán do delito que se lle imputa. Ata concluír co último dos relatos, O exipcio, onde a xustiza acaba rendéndose ante a bondade humana.

En Crimes Von Schirach pon de relevo tanto a grandeza como as miserias da condición humana e que non todo é branco ou negro nin que todos son bos ou malos. Sempre hai matices e motivos que, sen xustificar os feitos, pódennos facer entender que ningún estamos libres de cometer un crime.

Esta obra foi lida no grupo de Club de Lectura de bacharelato e analizada desde unha perspectiva máis psicolóxica que xurídica (motivación, condicións sociais, personalidade, trastornos...) posto que todos os membros cursan a materia de Psicoloxía. 
Con todo, tiveron a oportunidade de ver a práctica xudicial, evidentemente non dos casos da obra, senón doutros máis próximos e reais. Participaron no programa “Educar en Xustiza”, o que lles permitiu asistir a 4 xuízos (2 de violencia de xénero e 2 de violencia doméstica) e vivir “in situ” estes procesos: as intervencións do propio acusado, da fiscalía, da acusación particular, da defensa e a difícil tarefa da xuíza para, a teor dos feitos, das probas e das intervencións, ditar sentenza.




    





Deixamos aquí enlaces a diferentes medios que informaron sobre dita asistencia aos xuízos. 

     Pontevedra Viva
     Faro de Vigo 
     La Voz de Galicia








luns, 17 de decembro de 2018

Guía de Nadal 2018


Di Tanella Boni (poetisa, narradora, filósofa e autora de libros para mozos): "A poesía, como toda creación artística, é un dos alicerces da humanidade. Ao emprender os carreiros da emoción, da sensibilidade e a imaxinación, transmite coñecementos e valores humanos. Aínda máis, a poesía forma en corpo e alma ao ser humano"

Nesta guía de Nadal atoparedes "poéticas diversas", poesía en diferentes manifestacións: libros de poemas, de arte, de coñecemento e películas.

Boas Festas e Boas Lecturas!






domingo, 4 de novembro de 2018

Poéticas diversas





POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018-2019.
É unha invitación a descubrir a poesía non só en textos literarios senón en calquera campo do saber e das artes. A ilustradora do cartel é Nuria Díaz.
Na biblioteca tedes unha selección de libros e películas con moita poesía.




























martes, 24 de abril de 2018

Día do Libro 2018


Hai cousa mellor para festexar o Día do libro que cun bo libro nas mans? Mirade se non estas imaxes de alumnos, profesores e persoal non docente.
















venres, 20 de abril de 2018

Libros con moita ciencia


Tes curiosidade? Góstache saber, investigar, explorar, crear, inventar? Non che vale calquera resposta? Entón achégate a estes libros. É doado. Están na biblioteca!
Se pinchas nos títulos, accederás a resúmenes e reseñas das obras. 


¡ Viva la ciencia! , J. M. Sánchez Ron e A. Mingote. Crítica, 2008.
Eurekas y euforias , J. García Sánchez  e W. Gratzer. Editorial Crítica, 2004.

La magia de la realidad: pequeña historia de la ciencia,  
R. Dawkins e D. Mckean. Espasa, 2011.

 O planeta das curiosidades, Baía, 2009.

100 analogíascientíficas, J. Levy. Librero 2012.


Eso no está en mi libro de ciencias, K. Kelly. Almuzara, 2010.

Si tú me dices gen lo dejo todo, The big van theory. La esfera de los libros, 2014.

La ciencia en el punto de mira, J. Mira Pérez. Auga Editora, 2011.

Neurociencia para Julia, X. Mariño. Laetoli, 2012.
 

La ciencia de los superhéroes, J. Scaliter. Ma Non Troppo,2011.
Ciencia al cubo, A. Valenzuela. Temas de Hoy, 2010.

Una muy breve historia de casi todo, B. Bryson. Molino 2008.
Mi primer libro de la Prehistoria, J. L. Arsuaga. Espasa, 2008.

Arquímedes el despistado, L. Blanco Laserna. El Rompecabezas, 2005.

Copérnico y el centro del universo, G. Calzada. El Rompecabezas, 2007.

Destejiendo el arco iris, R. Dawkins. Tusquets. 2000.


La ciencia de Sherlock Holmes, E. J. Wagner. Planeta, 2010.

Matemática--, ¿estás ahí?, A. Paenza. RBA 2006.
A busca de alternativas, P. Carreiro. A Nosa Terra, 1998.

Cien preguntas básicas sobre la ciencia, I. Asimov. Alianza, 1994.

El Universo en tu mano, C. Galfard. Blackie Books, 2016.


As mulleres nas matemáticas, M. Ríos Fachal. Baía, 2008.

Orígenes, Neil deGrasse Tyson. Paidós, 2014.

Todo sobre nuestro mundo, C. Lloyd. Ariel, 2008.

Darwin y la evolución explicados a nuestros nietos , P. Pick. Espasa Libros 2011.

La evolución del talento, J. M. Bermúdez de Castro. Debate, 2010.
Os dados do reloxeiro, X. L. González e X. Mariño. Consello de Cultura Galega, 2005.
 
El dedo de Galileo, P. W. Atkins. Espasa, 2003.
 
Nacer, N. Fernández e X. Gutiérrez. Faktoría K de Libros, 2009.


El universo en tus manos, S. Fernández-Vidal. La Galera, 2015.

El gran libro de los animales, G. Mattei e H. Wiesner. Edaf, 2008.

¡No tires de la cadena!, R. Platt, J. Kelly e M. Platt. Blume, 2013.


 La conquista del espacio, I. Graham. Bruño, 2008.

Una universidad para los niños,  U. Janssen, U. Steuernagel. Crítica, 2004.            

Neandertal, E. Roudier. Norma, 2012.

La vuelta al mundo de un forro polar rojo, M. Cóndor Orduña, B. Jamsen e W. Korn. Siruela, 2014.

Economía en colores, G. Raluy Bruguera e X. Sala i Martin. Conecta, 2016.

Introducción a la macroeconomía en viñetas, Y. Bauman e G. Klein. Debate, 2013.

 50 teorías económicas sugerentes y desafiantes, D. Marron. Blume, 2011.


El antropólogo inocente, N. Barley. Anagrama, 2001.

Cromañón, J. Andrada e I. Boi i Cullel. Parramón, 2010.


martes, 10 de abril de 2018

Escritoras


Esta é unha selección de contadoras de historias, poetisas, ensaístas, divulgadoras de ciencia… realizada polo equipo de biblioteca. Nela queremos destacar o traballo, a creatividade e o interese dos temas desenvolvidos por mulleres escritoras que, salvo contadas excepcións, non soen formar parte das listas dos “mellores escritores” ou “libros que hai que ler”, copadas maioritariamente por homes. En moitas desas escolmas as mulleres están silenciadas ou ocupan un lugar secundario. Será porque as elaboran homes, ou peor, escritores aos que lles custa admitir a autoría das mulleres? Nós quixemos cambiar a tendencia e visibilizar obras de mulleres escritas para mulleres e homes.