Amosando publicacións coa etiqueta Divulgación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Divulgación. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de marzo de 2025

Charlas sobre Animais extraordinarios na biblioteca: Xulio Gutiérrez

Na mañá de hoxe o alumnado do centro tivo a oportunidade de escoitar, un ano máis, a Xulio Gutiérrez, autor da colección Animais extraordinarios publicada por Kalandraka e grazas ao Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Xulio falounos sobre curiosidades zoolóxicas e tamén sobre o proceso de documentación e ilustración dos libros, realizada por Nicolás Fernández. Estes libros, Ollos, Bocas, Ocultos, Nacer, Construtores e Viaxeiros, que xa se convertiron en obras imprescindibles da divulgación científica en galego, están dispoñibles na nosa biblioteca. É sempre un pracer escoitarte, Xulio!




mércores, 10 de xaneiro de 2024

A crise dos pellets (ou a gota que colmou o vaso)


Porque, ante catástrofes coma esta, non hai que quedar calad@s! 
#Crisepellets #Greenpeace #Stopcontaminacionporplasticos





 

xoves, 30 de novembro de 2023

Novembro, mes da ciencia en galego. Entrega de premios "Ciencia nunha caixa de zapatos"

Hoxe resolveuse o I Concurso "Ciencia nunha caixa de zapatos", non sen moitas discusións entre os membros do xurado (EDLG, profesorado de ciencias, Equipo de Biblioteca e voluntarias da biblio) posto que o nivel foi altísimo. Aquí deixamos algunas imaxes dos traballos e do alumnado gañador.  Grazas a todos e todas pola vosa colaboración e polo traballo realizado!



Primeiro premio: Nina Martínez Eiras (2 ESO B)


Premio especial: Nicolás Outón Fernández (1 Bach A)


Segundo premio: Diego Liu e Anxo Carrillo (1 ESO A) 

























venres, 3 de novembro de 2023

Charla con Xulio Gutiérrez, autor da colección "Animais extraordinarios"

 Hoxe tivemos o inmenso pracer de escoitar na biblioteca a Xulio Gutiérrez, nun encontro organizado polo Departamento de Bioloxía. Falamos con el do proceso de creación das súas obras e de como se fixeron as ilustracións, mais tamén de curiosidades sobre os ollos ou os comportamentos dos animais máis variopintos. Unha marabilla escoitalo!



xoves, 2 de novembro de 2023

Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas


Este mes de novembro estará dedicado á ciencia en galego na biblioteca. Aquí vos deixamos unha selección das obras dispoñibles:





Ademáis, o venres 3 de novembro, teremos o pracer de escoitar na biblioteca a Xulio Gutiérrez, autor da colección de divulgación "Animais extraordinarios" de Kalandraka. 




sábado, 23 de setembro de 2023

Novas lecturas de divulgación científica en galego

Xa están dispoñibles na biblioteca para consulta e préstamo as novas lecturas de divulgación científica en galego. Ademais de aprender sobre plantas, microbios, bacterias e o cambio climático, poderás gozar da calidade das súas ilustracións. Atoparalos na sección de Ciencias! 

         

domingo, 25 de novembro de 2018

Semana da Ciencia 2018: Feira de proxectos

...3,2,1,0. Despega a Semana da Ciencia con stands moi interesantes que non vos podedes perder: demostracións, experimentos, robótica, programación de videoxogos, exposicións, poemas, realidade virtual, contaminación acústica e ata desastres científicos!. Haberá visitas guiadas por profes e alumnos expertos, e tamén visitas libres.
Non vos despistedes porque xa están convocados o Concurso de Fotografía e o Concurso de Enxeño. Ah! Unha novidade: Escape room con acertixos de ciencia na biblioteca.















luns, 18 de decembro de 2017

Totem TV: Páxina Aberta, primeiro programa.

Ola Totems!
Hoxe temos para todos vos a presentación do noso primeiro programa sobre libros, Páxina Aberta. Este é un espacio no que os nosos alumnos, e tamén os profesores, falan sobre o que mais lles gusta: os libros. Non é porque o teñamos feito dende a Biblioteca, pero debo dicir que quedou bastante ben. Somos principiantes nesto da TV e, sen dúbida, hai cousas a mellorar (entre outras o son), pero pouco a pouco, con cada novo programa, de seguro que o acadamos. Temos o máis importante para elo: uns alumnos motivados, con iniciativa e moi ben preparados.
Sen mais vos poño o enlace ó primeiro programa de Páxina Aberta.
Desexamos que vos guste.


martes, 1 de marzo de 2016

locosxciencia ou The big Van Theory



Comprobado científicamente. Nisto das  afeccións e vocacións hai graos. A algúns lles gusta o que fan, a outros lles entusiasma e a uns cantos lles volve tolos. Como a The Big Van (Van de furgoneta) Theory, eses tolos científicos sobre rodas, que de cando en vez saen dos seus laboratorios, onde semellan ser xente seria, e percorren a xeografía para contar a través de monólogos moitas cousas interesantes relacionadas con diferentes campos da ciencia. 

O xoves 25 de febreiro asistimos na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela ao seu espectáculo locosxciencia, cuxo obxectivo é que os mozos se enganchen á ciencia. Pois alí enganchámonos todos, novos e non tan novos, polo menos durante 90 minutos. E canto rimos e canto aprendemos con Helena González, Alberto Vivó, Javier Santaolalla e Oriol Marimón, todos eles tolos, tolísimos pola ciencia.

Helena tranquilizounos dicindo que non todo está escrito no xenoma, que hai espazo para a peculiaridade, a diferenza, o cambio, porque existe iso que se chama epigenética (agrupacións de ADN que se van desplazando).

Oriol escenificou a importancia da transmisión de comunicación no proceso evolutivo. Non serve de nada descubrir algo tan importante como o lume se non o podemos ensinar aos nosos colegas de grupo. Que foi o que lle pasou, según Oriol, ao homo habilis. 


Oriol Marimón facendo de homo habilis

Oriol Marimón no proceso de transformación de Paola e Silvia en homo (mulier) habilis


Alberto falounos de como un simple código, o código binario, fai posible, entre outras cousas, as mensajes do whatsapp, sen os cales parece que xa non podemos vivir. De aí a traxedia cando nos quedamos sen datos.

E Javier, para mágoa dalgunha, puxo un panorama máis oscuro que os dos buracos negros a aqueles que tiveran a esperanza de entrar en contacto con seres doutras galaxias. 









Algúns dos monólogos deste grupo están publicados no libro Si tú me dices gen lo dejo todo. Por certo, levamos un exemplar da biblioteca e nolo firmaron. Está a vosa disposición. 
E se queredes saber máis deles ou de ciencia, visitade a súa páxina web