Mirade o resultado de unir a dúas Rosalías: Rosalía de Castro, a escritora; e Rosalía, a cantante.
A cantautora MJ Pérez fixo unha revisión de Malamente de Rosalía coa letra do poema Castellanos de Castilla de Rosalía de Castro. E da mestura naceu Malaxente.
Escoitade!A ver que vos parece.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convocou unha vez máis celebración do Día de Rosalía, concidindo coa data do seu aniversario, o 24 de febreiro, e animou ós centros educativos a participar nesta homenaxe elaborando materiais e vídeos nos que salientase a figura de Rosalía. Inda que con premura de tempo, nós recollémo-la testemuña e fixemos, coa axuda dunha morea de alumnos ós que dende eiquí damos a grazas, este vídeo que agora vos presentamos. Esperamos que vos guste.
Este ano a Lingua Materna e Rosalía van da man. Dous versos de Cantares gallegos son expresados nas diferentes linguas maternas dos alumnos do instituto por eles mesmos. O cartel de presentación da actividade foi elaborado por Margarita Esteban, profesora de Debuxo.
Como xa sabedes, o 24 de febreiro celébrase en Galicia o Día de Rosalía. Este ano cúmprense 150 anos da publicación de Cantares gallegos.Con tal motivo, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) propuxo unha lectura colectiva dos poemas de Cantares Gallegos.
Alumnos do noso centro de todos os niveis participaron en dita actividade, recitando Non che digo nada... pero vaia¡. Cada un co seu xeito.
E ademáis dúas alumnas de 1º da Eso representaron Miña santiña
Podedes ver na biblioteca unha escolma de libros de e sobre Rosalía