Iniciamos o obradoiro de Benestar e convivencia de Biblioteca co último grupo deste curso, e así foi a xornada de hoxe:
Biblioteca IES Xunqueira II
Blog da Biblioteca e os Clubs de lectura do IES Xunqueira II
venres, 4 de abril de 2025
Obradoiros de Benestar e convivencia
Encontro con Miguel Porto
Na mañá de hoxe o alumnado de 2 ESO asistiu, dentro da programación do Salón do libro, a un encontro con Miguel Porto, ilustrador de Subnormal e profe de BD no Garaxe hermético. Contounos o proceso de xestación da obra e do seu papel como ilustrador dunha historia real tan intensa, e explicounos o porqué dos planos, das cores, da disposición das viñetas... Aprendemos un montón sobre lectura visual! E o mellor de todo, como tod@s leramos o libro no IES, encantounos coñecer de primeira man o traballo creativo que hai detrás dunha BD. Grazas a Miguel pola súa cercanía e ao Salón por prepararnos actividades tan molonas!
xoves, 3 de abril de 2025
martes, 1 de abril de 2025
luns, 31 de marzo de 2025
Recomendacións lectoras polo Día da visibilidade trans (31 de marzo)
Aquí vos quedan algunhas recomendacións lectoras co gallo do Día da visibilidade trans, que se celebra cada 31 de marzo. Pola diversidade!
Troca de libros no Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra 2025
Queremos agradecer o labor da nosa ANPA na preparación do espazo e a xestión da Troca de libros 2025, organizada polo IES Torrente Ballester en colaboración co Salón e que se celebrou este domingo 30 de marzo. Grazas mil!