Amosando publicacións coa etiqueta Semana da Ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Semana da Ciencia. Amosar todas as publicacións

domingo, 20 de xaneiro de 2019

Premiados no Concurso "Na cociña"




Xa temos gañadores do Concurso de fotografía e curtametraxes "Na cociña". 

O primeiro premio de fotografía foi para "1492" de David Rodiño Suárez alumno de 4º ESO D. 

O segundo para "Paisajes" de Jorge Seoane, profesor de Economía. 

O premio de curtametraxe leváronno Emma Castro Sarmiento, Yanira García García e  Laura Castro Souto, alumnas de 1ºESO C.









domingo, 25 de novembro de 2018

Semana da Ciencia 2018: Feira de proxectos

...3,2,1,0. Despega a Semana da Ciencia con stands moi interesantes que non vos podedes perder: demostracións, experimentos, robótica, programación de videoxogos, exposicións, poemas, realidade virtual, contaminación acústica e ata desastres científicos!. Haberá visitas guiadas por profes e alumnos expertos, e tamén visitas libres.
Non vos despistedes porque xa están convocados o Concurso de Fotografía e o Concurso de Enxeño. Ah! Unha novidade: Escape room con acertixos de ciencia na biblioteca.















xoves, 11 de xaneiro de 2018

Concurso de fotografía: Tecnología en positivo, en negativo

O 19 de Xaneiro remata o prazo para participar no Concurso de fotografía vinculado á Semana da Ciencia. Nesta edición a temática é Tecnoloxía en positivo e en negativo. Anímate a concursar! As bases están no cartel.


domingo, 26 de novembro de 2017

Semana da Ciencia 2017

Esta semana péndulos, pipetas, circuitos, hologramas, mirascopios, hercios, robots, científicas, investigadores...e ata Premios Nobel saen dos seus laboratorios e talleres e se instalan no vestíbulo do instituto. Sí, comeza a Semana da Ciencia. Invitámosvos a visitar os experimentos, exposicións e xogos elaborados polo alumnado e a participar no Concurso de enxeño.

  Semana da Ciencia no IX2 from IES A Xunqueira II on Vimeo.

domingo, 19 de novembro de 2017

CONCURSO na Semana da Ciencia

Como outros anos vaise celebrar o grandioso concurso da SEMANA DA CIENCIA na semana do 27 de novembro ao 1 de decembro. Invitámosvos a participar.
Como tódolos anos consistirá nunha serie de preguntas que se entregarán a diario na Biblioteca, de luns a xoves, no recreo pequeno e que se recollen no recreo grande. Os dous primeiros clasificados participarán na apoteósica final a celebrar o venres 1 de decembro.


xoves, 4 de maio de 2017

Concurso de Fotografía: "Mergúllate no río"



Xa temos gañadores do Concurso de Fotografía Mergúllate no río.
Aínda que soe a tópico (pero non o é), o xurado tivo moi difícil a escolla porque presentáronse fotos moi boas e con miradas moi diferentes do Río Lérez e o seu entorno. O resultado é:
1º Premio: Unha pinga de cor no Lérez de Gloria Rivas (1º ESO D)
2º Premio: Outono no Lérez de Carmen Pazos (3º ESO D)
Premio do público: Luscofusco no Lérez (1º BAC B)





 
















domingo, 5 de febreiro de 2017

Final de rosco!





Tras catro xornadas de tirar do enxeño e dalgunhas carreiras ata o vestíbulo para mergullarse na exposición do Río Lérez e atopar as respostas válidas para o concurso da Semana da Ciencia, quedaron finalistas Óscar Castillo e Alex Santos. Aínda quedaba superar a última proba, un rosco pasapalabra, de onde sairía o gañador. O luns disputouse a final na biblioteca e Óscar obtivo un maior número de acertos. Parabéns aos dous! 




venres, 22 de xaneiro de 2016

100 de anos de relatividade



   O 25 de novembro de 2015 Einstein presentou a formulación da nova teoría da gravitación nun artigo titulado "As ecuacións do campo gravitacional?. Tratábase dunha teoría completamente diferente a todas as que se defenderon ata entón na Física.

A gran novidade de Einstein foi afirmar que o espazo e o tempo non son absolutos, non son magnitudes universais, como se afirmaba desde a física aristotélica,  senón que dependen do estado de movemento de quen efectúa as medidas. Por iso é polo que se terminase denominando teoría "da relatividade". Aínda que desta teoría ao devandito popular "todo é relativo" haxa "anos luz". O propio Einstein encargouse de manifestar o seu desacordo con esta expresión.
O que si posibilitou A Relatividade Xeral foi predicir fenómenos insospeitados, por exemplo que a luz se desvía ao pasar preto do Sol ou que o tempo transcorre a diferente ritmo segundo a altura sobre a Terra. Ese transcurso irregular do tempo a diferentes alturas da Terra afecta á sincronización dos reloxos na constelación de satélites responsables do funcionamento do GPS . Sen a teoría non serían posibles estes aparellos tan útiles hoxe.  


É curioso que unha teoría tan densa chegase non só á comunidade científica -o que é lóxico- senón que espertarse o interese da xente do montón. Incluso a revista Time trouxo a figura de Einstein a portada e nomeouno personaxe do século.



Alumnos de 1º de bacharelato do noso centro participaron nesta conmemoración elaborando diferentes traballos onde presentan de forma accesible unha teoría tan complexa, desde os seus principios xerais ata as súas aplicacións, así como as diferenzas coa visión aristotélico-ptolemáica do universo.