Dentro das Xornadas do Cómic, anime e manga 2025 a biblioteca organizou unha exposición de banda deseñada en galego. Ademais, en colaboración co Club de lectura de cómic e manga, realizouse o xa tradicional Combate Pokemon e un obradoiro de creación de personaxes de cómic e manga da man de Ángela, de Ancusa Ilustraciones.
domingo, 18 de maio de 2025
mércores, 14 de maio de 2025
Xornadas do Cómic e o manga 2025
Anótate no vestíbulo o xoves 15 e o venres 16 de maio para participar nas propostas CAM deste curso:
Obradoiro de Haikus - Mércores 21 de maio, 10:30
Obradoiro de creación de personaxes manga - Mércores 21 de maio, 12:30
Combate Pokemon - Luns 19 de maio, tempos de lecer.
Parabéns a Elena Dopico, de 3º ESO, polo deseño do cartel deste ano.
xoves, 14 de marzo de 2024
Todo preparado para a Semana CAM
Na tarde de hoxe, o alumnado do club de cómic e manga traballou arreo para deixar todo preparado para a semana CAM, que dará o pistoletazo de saída o próximo luns. Grazas, rapaces!
xoves, 7 de marzo de 2024
E por fin chega a Semana CAM
Para ver o programa, descarga o cartel e amplía a imaxe!
luns, 25 de abril de 2022
II Semana CAM
Proxecto que nace no Club de Manga e Cómic no curso 2019- 2020 e que conseguiu consolidarse. Durante a semana do 25 ó 29 de abril, realízaronse unha serie de actividades para o alumnado centradas no mundo do manga, cómic e anime. Desde talleres de haikus ó combate Pokemon, rematando cun emocionante Pasapalabra.
A elaboración, distribución e realización do proxecto estivo baixo a dirección dos membros do club, colaborando o Equipo de Biblioteca, o Departamento de Debuxo e Vicedirección.
Durante unha semana distribuíronse as actividades propostas e levadas a cabo nos periodos de lecer e en clases ordinarias. Destacar a alta participación do alumnado e a alta aceptación na enquisa de funcinamento da biblioteca.













