Día de agasallos anónimos, de intercambios, de sorpresas, de emocións, día de libros.
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 28 de abril de 2019
martes, 24 de abril de 2018
Día do Libro 2018
Hai cousa mellor para festexar o Día do libro que cun bo libro nas mans? Mirade se non estas imaxes de alumnos, profesores e persoal non docente.
martes, 2 de maio de 2017
Non leas...
Funciona a psicoloxía inversa? Haberá que esperar resultados pero polo momento parece que si. Explícome. Para o Día do Libro, e coa intención de animar á lectura, a biblioteca invitou a alumnos, profesores, personal non docente e a todo o que quixera participar na actividade a que completaran a frase NON LEAS....
O obxectivo era, claro está, encontrar motivos para ler. É dicir, vencer a resistencia psicolóxica que ponemos a facer algo que se nos impón (psicoloxía inversa). Se nos din: non leas, pois haberá que ler ou polo menos atopar razóns para ler.
En realidade non tratamos de aplicar esta técnica conductista senón simplemente aportar motivos -que xa vemos que hai moitos- para ler, partindo da mensaxe contraria.
O resultado pode verse nos pos-it que os autores pegaron na mampara da cafetería.
Invitámoste a lelos. Ou mellor NON LEAS...
xoves, 23 de abril de 2015
Visita do Club de lectura á Feira do Libro 2015
Como vén sendo habitual, non faltamos á cita coa Feira do Libro de Pontevedra. Os membros do Club de lectura pasamos una boa mañá visitando as casetas e buscando o libro que nos gostaría que estivese na biblioteca para compartilo cos nosos compañeiros.
Viaxe ao centro dos libros 2
Así se confecionou o libro xigante que serve de soporte ás recomendacións de alumnos e profesores para celebrar o Día do Libro.
Ollo. Algún alumnos tomaron tan en serio a "Viaxe ao centro dos libros" que quedaron atrapados dentro. Pero non vos preocupedes por eles. Están tan entretidos e fascinados que de momento non queren saír
Día do Libro 2015 from bibliototem on Vimeo.

mércores, 15 de abril de 2015
Viaxe ao centro dos libros
Se che ocorre algo disto ou simplemente queres compartir unha das túas lecturas con outras persoas, achégate á biblioteca e fai a túa recomendación. Servirá para escribir o noso gran libro
Viaxe ao centro dos libros
xoves, 24 de abril de 2014
Día do libro
O Día do Libro, este ano, celebrouse practicamente á volta das vacacións de Semana Santa, polo que a premura de tempo para organizar algo foi moita. Decidimos, logo de pensar algunhas alternativas, facer uns marcapáxinas nos que por un lado escribiramos algunha frase que nos gustase dun dos nosos libros favoritos e, polo outro, algún debuxo ou motivo para darlle vistosidade.
A verdade é que foron moitos os alumnos e profesores que participaron. Case quedamos desbordados recortando cartolinas para entregar, co seu buratiño, e non digamos xa cando as tivemos que colgar. Porque a idea era expoñer todo ese traballo en forma de choiva de marcapáxinas. Xa que este ano non nos quere deixar, invitámola, de forma poética, ó Día do Libro. Non obstante houbo que facer algunhas modificacións sobre a marcha da idea orixinal. As pingas-marcapáxinas pendían de tanza, que ó cabo tivo que ser sustituida porque unhas se enguedellaban de mala maneira nas outras... en fin, cousas do directo.
Pois nada, eiquí tedes un pequeno vídeo co resultado do traballo. Moitas gracias a todos os que participaron. Todos o fixeron moi ben e hai algúns marcapáxinas realmente moi bonitos. Gracias de novo.

mércores, 23 de abril de 2014
Se eu fose un libro
Se foses un libro, como che gustaría ser?
Non che perdas este vídeo de animación onde José Jorge Letria e André Letria nos mostran os seus gustos.
luns, 22 de abril de 2013
Día do Libro: "Aínda non liches...?"
Se aínda non liches algún destes libros, non deixes de facelo. Así cho recomendan alumnos, profesores e persoal non docente do instituto no Día do Libro. Hai de todo: aventura, misterio, clásicos, amor, ciencia ficción,...ata contos silenciosos. E abundante, porque son moitos os que quixeron animarnos a ler.
DÍA DO LIBRO from Tito Ogando on Vimeo.
DÍA DO LIBRO from Tito Ogando on Vimeo.
martes, 2 de abril de 2013
2 de Abril: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Hoxe, 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Con esta data conmemórase o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de contos tan coñecidos como O traxe novo do emperador, O patito feo, A sirenita ou O soldadito de chumbo.
O IBBY (The International Board on Books for Young People) seleccionou ao ilustrador Ashley Brian para deseñar o cartel deste ano e á escritora Pat Mora para escribir a mensaxe, que podedes ler no cartel da dereita.
Na biblioteca fixemos una selección de libros infantís e xuvenís que vos poden gostar.
venres, 30 de marzo de 2012
O Día do libro e o II Concurso de fotografía "Bibliototem"
Convócase o II Concurso de fotrografía "BIbliototem", que leva por título Lectores, lectoras, lecturas. Os traballos serán expostos o día 23 de Abril, Día do libro.
Como se dí nas bases, este concurso pretende fomentar o hábito da lectura e a mirada creativa sobre este feito en todos os seus aspectos e dimensións. Está aberto á toda a comunidade educativa. Así que se queres participar, entrega as túas fotografías antes do 17 de Abril á profesora de Debuxo, Marga Esteban Muñecas.
Todos os participantes recibirán un Diploma de participación e a mellor fotografía terá premio.
Para máis información, consulta as bases que aparecen neste cartel.
luns, 4 de abril de 2011
A miña biblioteca
Como é a túa biblioteca? Quen son os teus autores preferidos? Que libros recomendarías aos teus amigos? Que relato te rescatou do aburrimento? Que poema te fixo soñar?
Se queres compartir todo isto, podes participar no concurso A miña biblioteca. Animate!
As bases son:
Como este ano o Día do Libro (data que queremos celebrar con diferentes actividades, entre elas este concurso) coincide coas vacacións de Semana Santa, temos que esperar á volta para publicar os traballos.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)