Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Matemáticas. Amosar todas as publicacións

venres, 7 de novembro de 2014

Semana da ciencia: "A arte das matemáticas"

"... era tan indiscutiblemente fermosa,
era tan simple e tan elegante ..."
Andrew John Wiles            

Wiles non está a falar de Taylor Swift, nin de Avril Lavigne, nin de Michelle Jenner, ... nin sequera de Miss Mundo, Universo ou o que sexa. Wiles fala de, (sorprenderédesvos) un teorema, o teorema de Fermat, outro críptico matemático para moitos de nós, pero que ten unha beleza incuestionable.



E se vos parece que esto dos teoremas é demasiado serio, formal, fermático, ... entón podedes ver este vídeo, que seguro que vos vai gustar e divertir.



Esperámosvos ver pola biblioteca á busca e captura de números, ecuacións, conxeturas ... e teoremas. Seguro que lles daredes un bo uso. Algúns xa me entendedes.

xoves, 6 de novembro de 2014

Exposición Os matemáticos e as súas cousas



Algunha vez te preguntaches por que as matemáticas utilizan algúns números con nome de letras? De onde provén o término álxebra? Como é posible que obxectos da natureza, como o talo dunha folla ou a concha dun caracol, respondan a sucesións matemáticas? Será certo que a "natureza está escrita en linguaxe matemática", como dicía Galileo? Por que as matemáticas eran "cousas de homes" e que muller matemática tivo que utilizar un seudónimo para poder traballar nesta materia? 
As respostas a estas cuestións atoparalas na exposición Os matemáticos e as súas cousas. Está instalada no vestíbulo e pode visitarse dende o día 24 de outubro ata o 28 de novembro.