Con motivo do Día internacional da muller e a nena na ciencia, aproveitamos para recomendar algúns títulos (moi chulos) que podedes levar en préstamo.
mércores, 11 de febreiro de 2026
luns, 1 de decembro de 2025
venres, 21 de novembro de 2025
domingo, 9 de novembro de 2025
Novembro, mes da ciencia en galego na biblioteca
Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas e a nosa ten preparadas para vós unha morea de actividades:
Panel informativo elaborado polo alumnado |
venres, 28 de marzo de 2025
Charlas sobre Animais extraordinarios na biblioteca: Xulio Gutiérrez
Na mañá de hoxe o alumnado do centro tivo a oportunidade de escoitar, un ano máis, a Xulio Gutiérrez, autor da colección Animais extraordinarios publicada por Kalandraka e grazas ao Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Xulio falounos sobre curiosidades zoolóxicas e tamén sobre o proceso de documentación e ilustración dos libros, realizada por Nicolás Fernández. Estes libros, Ollos, Bocas, Ocultos, Nacer, Construtores e Viaxeiros, que xa se convertiron en obras imprescindibles da divulgación científica en galego, están dispoñibles na nosa biblioteca. É sempre un pracer escoitarte, Xulio!
venres, 21 de marzo de 2025
xoves, 6 de febreiro de 2025
Materiais 11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia.
Mujeres con ciencia Mulleres de portada Cómic Científicas Vídeo Científicas Oceánicas
xoves, 12 de decembro de 2024
Premios Ciencia nunha caixa de zapatos II
E por fin coñecemos aos gañadores do Concurso Ciencia nunha caixa de zapatos II, organizado por Biblioteca e o EDLG co gallo de Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Nicolás e Óscar gañaron este ano, mais quizáis na próxima edición o gañador podes ser ti!
Libros que veñen e van... na aula de tecnoloxía
Durante este tempiño, os materiais das Caixas de Libros que veñen e van andiveron polas aulas de Tecnoloxía en 1 ESO. A partir da lectura de artigos científicos de National Geographic, o alumnado elaborou, a proposta da profesora Andrea, as súas propias revistas científicas. Parabéns, o resultado é chulísimo!
luns, 25 de novembro de 2024
Obradoiros STEAM
Hoxe comezaron os obradoiros STEAM, organizados polo voluntariado, que serviron para probar os novos materiais de Polos creativos. Lembrade que estarán dispoñibles na biblio durante os tempos de lecer da semana do 25 ao 29 de novembro.
















































