xoves, 28 de maio de 2026
Procurando sesgos nos titulares de prensa
luns, 23 de marzo de 2026
Os nosos podcast de 2 ESO
mércores, 26 de novembro de 2025
Charlas sobre desinformación
Os xornalistas Luz Espiño e Alfonso González, de Radio Pontevedra- Cadena Ser, viñeron falarnos da desinformación e das vías para acceder a información veraz, contrastada e de calidade.
luns, 10 de novembro de 2025
Recursos para identificar informacións falsas
Se non sabes como facer procuras fiables na rede, empregar a busca inversa de imaxes para analizar a súa veracidade ou como funcionan as páxinas de fact-checking, podes botar man destas infografías:
mércores, 22 de outubro de 2025
24 de Outubro. Día das bibliotecas: "Contra a desinformación, bibliotecas"
xoves, 9 de outubro de 2025
Nova visita á Radio Pontevedra
Desta volta foi o alumnado de 2 ESO B o que acudiu ás instalacións de Radio Pontevedra para coñecer de primeira man todo o proceso do traballo nunha radio. Agora, toca poñerse mans á obra para a creación do noso podcast!
venres, 16 de maio de 2025
Club de debate
luns, 7 de abril de 2025
Asistimos a un debate na UVigo
Na mañá de hoxe asistimos á facultade de Dirección e xestión de empresa da UVigo para asistir a un debate entre o alumnado de 3 de Grao. O vindeiro 16 de maio poremos as nosas argumentacións no estrado, competindo con eles e con dous IES da contorna: Los Sauces Pontevedra e República oriental de Vigo.
martes, 4 de febreiro de 2025
VII torneo de debate académico de Galicia
O alumnado de Bacharelato participou hoxe no Torneo de debate académico da Fundación Barrié en A Coruña. Despois de moitas xornadas de investigación, procura de argumentos, ensaios grupais e unha maratoniana xornada con tres debates ás nosas costas, non podemos máis que felicitarvos. Grazas polo voso traballo, compromiso e enerxía!
martes, 17 de decembro de 2024
Romancero 2.0
mércores, 13 de novembro de 2024
Visita a Radio Pontevedra
O alumnado de 2 ESO tivo, na mañá de hoxe, o privilexio de escoitar a tres referentes da comunicación na nosa cidade: Alfonso González, Luz Espiño e Belén Hermida, de Radio Pontevedra, que compartiron con nós a experiencia da radio en directo, anécdotas persoais e consellos para que a comunicación mediante a palabra sexa efectiva. Grazas a todo o equipo de Radio Pontevedra pola acollida!
luns, 7 de outubro de 2024
Club de debate 24/25
Se estás en 4 ESO ou bacharelato, e estás interesad@ no club de debate, acude á reunión informativa este mércores 9 de outubro ás 10.10 na aula de 1 ESO A.
mércores, 8 de maio de 2024
Fin do Club de debate 23-24
xoves, 25 de abril de 2024
Club de debate
Na tarde de hoxe xuntámonos para a preparación do debate sobre o ODS17 (tecnoloxías emerxentes e desenvolvemento sostible) que se celebrará na facultade de Dirección e Xestión o 8 de maio. Foi unha sesión ben produtiva!
luns, 26 de febreiro de 2024
Simulacro de Debate sobre os ODS
Dentro da actividade do Club de Debate organizado pola Universidade de Vigo e coordinado no noso IES pola Biblioteca, contamos hoxe coa presenza de Ignacio Nicolás Fernández, profesor na Facultade de Dirección e Xestión, que fixo con nós un simulacro de debate académico. Encantounos a experiencia e xa estamos preparados para empezar a traballar co tema de tecnoloxía e sustentabilidade, proposta para o debate que realizaremos en maio.
mércores, 13 de decembro de 2023
Formación en debate (obxectivos ALFIN e Axenda 2030)
En colaboración con Departamento de Lingua Castelá e a Universidade de Vigo, o alumnado de 4 ESO asistiu hoxe a unha charla sobre oratoria de Javier Pascual, coa idea de crear un clube de debate en relación aos ODS (actividade coordinada pola Biblioteca). Máis información aquí.

















































