Este luns celebrouse a Festa dos Clubs de Lectura do Salón do Libro de Pontevedra e alí estivemos xunto cos compañeiros doutros sete institutos da cidade e da contorna: IES Torrente Ballester, IES Sánchez Cantón, IES Luis Seoane, IES Xunqueira I, IES Valle-Inclán, IES de Poio e CPI Aurelio Marcelino Rei de Cuntis. O encontro foi amenizado polo poeta e músico Lois Pérez, que cantou temas como o de Lady Glosia, con moita retranca sobre o fenómeno lingüístico. Despois participamos nun concurso con preguntas sobre os libros lidos nos clubs e nel foinos bastante ben, pois trouxemos para a Biblio cinco libros, agasallos por ter acertado as preguntas.
Unha vez rematado o evento quedamos a comer unhas pizzas no recinto feiral do Salón, momento que aproveitamos para falar cos compañeiros doutros centros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario