Hoxe rematamos o proceso do Club de debate coa nosa intervención no Debate académico organizado pola Facultade de Dirección e Xestión pública da UVigo xunto ao alumnado do Grao de Xestión pública e do Colexio Los Sauces.
Grazas a este proxecto, traballamos os ODS, investigamos, contrastamos información e, o mellor, aprendimos a traballar en equipo cun obxectivo común: argumentar que as tecnoloxías emerxentes non están reñidas coa sustentabilidade.
Parabéns aos 19 integrantes do grupo pola súa implicación e polo resultado. Un orgullo levarvos da man, desde a biblioteca, ata as intervencións que hoxe fixestes no Debate. Grazas tamén aos Departamentos de Lingua castelá e literatura e o Departamento de Xeografía e Historia pola súa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario