xoves, 28 de maio de 2026
Andaina musical con Fundación Legar
xoves, 23 de abril de 2026
Libros que veñen e van
A partir das lecturas incluidas na Caixa de plástica, o alumnado realizou unha proposta alternativa de portada para algúns dos libros traballados. Velaquí os resultados:
venres, 6 de marzo de 2026
Biblioteca + deseño - Viaxe á cretividade
Co gallo do lema das Bibliotecas Escolares deste curso 25/26, a Biblioteca organizou, en colaboración con Ana e África de @Tallerabierto un obradoiro de deseño.
Traballamos arreo durante tres horas nas que fixemos o plano do IES de memoria, falamos de deseño de obxectos, espazos e logos, redeseñamos as sillas das aulas, medimos o claustro interior e propuxemos un deseño alternativo para este espazo que queremos convertir nun lugar con moita vida (en plano e maqueta).
Aquí vos deixamos as imaxes da xornada. Moitas grazas a Tallera Abierto por esta proposta de traballo tan inspiradora!
luns, 2 de marzo de 2026
Obradoiros de benestar e convivencia
Hoxe, o alumnado de 1 ESO tivo unha nova sesión dos obradoiros de benestar e convivencia. Na biblioteca, estivemos a narrar anécdotas persoais para coñecernos mellor e pasámolo xenial!
xoves, 26 de febreiro de 2026
Biblioteca + deseño - Viaxe á creatividade
A partir do lema das Bibliotecas escolares de Galicia deste 2026, propoñémosvos un obradoiro de achegamento ao deseño de espazos, da man das arquitectas de Taller Abierto. Anotádevos na biblio ata o 4 de marzo. As prazas son limitadas!
venres, 20 de febreiro de 2026
Tempos de lectura
xoves, 19 de febreiro de 2026
Visita a Pontevedraviva radio
Seguimos a nosa formación de radio, desta volta, da man dos xornalistas de Pontevedraviva Radio, cos que falamos de escaletas e locución. Xa estamos preparados para executar os nosos podcast!
xoves, 12 de febreiro de 2026
Lectura e familias
Na tarde de hoxe, profes e familias tivemos unha nova sesión con Ana Couto para falar sobre estudiar con sentido. Como funciona a memoria, a organización dos tempos e a toma de decisións por parte do estudiante foron os temas tratados nesta interesante charla, que realizamos tras poñer en común os puntos máis destacados dos libros sobre técnicas de estudo que levaramos da biblioteca.

















































