xoves, 4 de xuño de 2026
Traballando na biblio coas actividades do proxecto do PFPP
luns, 23 de marzo de 2026
Os nosos podcast de 2 ESO
mércores, 26 de novembro de 2025
Charlas sobre desinformación
Os xornalistas Luz Espiño e Alfonso González, de Radio Pontevedra- Cadena Ser, viñeron falarnos da desinformación e das vías para acceder a información veraz, contrastada e de calidade.
luns, 10 de novembro de 2025
Recursos para identificar informacións falsas
Se non sabes como facer procuras fiables na rede, empregar a busca inversa de imaxes para analizar a súa veracidade ou como funcionan as páxinas de fact-checking, podes botar man destas infografías:
mércores, 22 de outubro de 2025
24 de Outubro. Día das bibliotecas: "Contra a desinformación, bibliotecas"
venres, 16 de maio de 2025
Club de debate
venres, 31 de xaneiro de 2025
Club de debate
O equipo que participará no VII Torneo de debate académico da Fundación Barrié o martes 4 de febreiro realizou un traballo intenso de investigación, redacción e ensaio dos seus discursos. Desde a biblioteca, agradecemos o seu esforzo e desexámoslles toda a sorte do mundo!
mércores, 13 de novembro de 2024
Visita a Radio Pontevedra
O alumnado de 2 ESO tivo, na mañá de hoxe, o privilexio de escoitar a tres referentes da comunicación na nosa cidade: Alfonso González, Luz Espiño e Belén Hermida, de Radio Pontevedra, que compartiron con nós a experiencia da radio en directo, anécdotas persoais e consellos para que a comunicación mediante a palabra sexa efectiva. Grazas a todo o equipo de Radio Pontevedra pola acollida!
luns, 11 de novembro de 2024
Proxecto competencial 4º ESO
O alumnado de Proxecto Competencial de 4º ESO recibiu o xoves 7 de novembro, na biblioteca do noso centro, a visita da xornalista da Voz de Galicia, Sara Carreira, que lles deu as claves tanto para facer unha boa reportaxe xornalística, como para diferenciar os bulos das noticias verdadeiras.
luns, 7 de outubro de 2024
Club de debate 24/25
Se estás en 4 ESO ou bacharelato, e estás interesad@ no club de debate, acude á reunión informativa este mércores 9 de outubro ás 10.10 na aula de 1 ESO A.
mércores, 8 de maio de 2024
Fin do Club de debate 23-24
xoves, 25 de abril de 2024
Club de debate
Na tarde de hoxe xuntámonos para a preparación do debate sobre o ODS17 (tecnoloxías emerxentes e desenvolvemento sostible) que se celebrará na facultade de Dirección e Xestión o 8 de maio. Foi unha sesión ben produtiva!
luns, 26 de febreiro de 2024
Simulacro de Debate sobre os ODS
Dentro da actividade do Club de Debate organizado pola Universidade de Vigo e coordinado no noso IES pola Biblioteca, contamos hoxe coa presenza de Ignacio Nicolás Fernández, profesor na Facultade de Dirección e Xestión, que fixo con nós un simulacro de debate académico. Encantounos a experiencia e xa estamos preparados para empezar a traballar co tema de tecnoloxía e sustentabilidade, proposta para o debate que realizaremos en maio.
martes, 21 de novembro de 2023
#SemanaglobalAMI. Traballos sobre desinformación.
A partir da proposta da biblioteca escolar en relación á #SemanaglobalAMI da UNESCO, o alumnado de segundo e cuarto de ESO traballou sobre algunas recomendacións que poden axudarnos a evitar a desinformación. Aquí están algunas das infografías máis acertadas realizadas polo alumnado:
![]() |
Infografía de Ánxela M. (4ºESO C) |
![]() |
Infografía de Alicia R. (2º ESO C) |
![]() |
Infografía de Alicia O. (2º ESO B) |
![]() |
Infografía de Marta R. (2º ESO B) |
![]() |
Infografía de Mario C. (4º ESO C) |
![]() |
Infografía de Sofía C. (4º ESO D) |
luns, 20 de novembro de 2023
Traballo ALFIN: La fábrica de bulos de Maldita.es
A proposta de biblioteca, o alumnado de 4 ESO traballou no Scaperoom La fábrica de bulos, e case todos os grupos conseguiron o obxectivo a tempo!
Se che apetece pasar un bo rato e probar se es quen de desenmascarar os bulos, pincha aquí.
xoves, 26 de outubro de 2023
#SemanaglobalAMI
Co gallo da Semana global da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) proposta pola UNESCO (23 a 27 de outubro de 2023), desde a biblioteca estamos a traballar a detección de información falsa nos medios en 2 de ESO. Así, aproveitando os recursos ofrecidos pola biblioteca, o alumnado está a elaborar infografías con recomendacións e consellos para a análise da veracidade da información. Proximamente publicaremos os produtos realizados.
![]() |
Alumnado de 4 ESO traballando sobre a fiabilidade das fontes |
















































.png)

