Amosando publicacións coa etiqueta Páxina Aberta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Páxina Aberta. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de marzo de 2018

Páxina Aberta Programa 2

Hola Totems!


Temos novo programa! Costou sacalo adiante, pero xa está aquí.


A verdade é que resulta complicado sacar esos 20 minutos de programa. Hai que coordinarse a tope, hai que facer os guións, hai que grabar ás presentadoras, ós que interveñen nas diferentes seccións, hai que montar todo o material, audio por un lado, imaxe por outro, buscar a música, ... E todo esto nos recreos, que non hai outro momento, e con alumnos de diferentes grupos e cursos. Uf!, toda unha odisea.
Xa pensei co primeiro programa que non iamos sobrevivir, pero non só o fixemos, senon que incluso repetimos.
Dende a Biblioteca queremos agradecer a todos os que interviron a súa participación. Sen o seu esforzo non sería posible sacar adiante esta iniciativa. Non hai máis que botar unha ollada ós créditos, ó final do programa, para darse de conta que foron moitos. Temos un grande equipo, non só polo número, senón pola súa calidade. Xa sabemos que non somos profesionais pero, como dicían a nosas presentadoras, "todo se andará".

Pero non cabe deterse demasiado nin andar con complacencias. Como lle diría a Raiña de Corazóns a Alicia Liddell, este é un mundo rápido, no que, se te paras, quedas no sitio. E nós queremos seguir avanzando, queremos seguir cara adiante, en continuo movemento, para que cando nos deteñamos a botar a vista atrás, se nos presente unha paisaxe chea de cousas que fixemos e das que aprendimos.

Unha aperta a todos.


E para os que vos perdestes o primeiro programa aquí tedes un enlace.





luns, 18 de decembro de 2017

Totem TV: Páxina Aberta, primeiro programa.

Ola Totems!
Hoxe temos para todos vos a presentación do noso primeiro programa sobre libros, Páxina Aberta. Este é un espacio no que os nosos alumnos, e tamén os profesores, falan sobre o que mais lles gusta: os libros. Non é porque o teñamos feito dende a Biblioteca, pero debo dicir que quedou bastante ben. Somos principiantes nesto da TV e, sen dúbida, hai cousas a mellorar (entre outras o son), pero pouco a pouco, con cada novo programa, de seguro que o acadamos. Temos o máis importante para elo: uns alumnos motivados, con iniciativa e moi ben preparados.
Sen mais vos poño o enlace ó primeiro programa de Páxina Aberta.
Desexamos que vos guste.