Amosando publicacións coa etiqueta banda deseñada. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta banda deseñada. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de abril de 2026

Migrantes

Emigrantes - Castelao, 1915

Todos, dalgún xeito, fomos, somos ou seremos migrantes. Os motivos son tan variados como as persoas que deixan o seu fogar (fuxir da pobreza, mellorar as condicións de vida, escapar de guerras e violencia...). 

Nestes momentos, tan propicios ao odio, a biblioteca suxírevos esta selección de lecturas como pílulas para a empatía. Porque, antes de xulgar, hai que coñecer, e a lectura será a mellor ferramenta para que formedes a vosa propia opinión.










domingo, 18 de maio de 2025

Actividades Xornadas CAM

Dentro das Xornadas do Cómic, anime e manga 2025 a biblioteca organizou unha exposición de banda deseñada en galego. Ademais, en colaboración co Club de lectura de cómic e manga, realizouse o xa tradicional Combate Pokemon e un obradoiro de creación de personaxes de cómic e manga da man de Ángela, de Ancusa Ilustraciones.





venres, 4 de abril de 2025

Encontro con Miguel Porto

 Na mañá de hoxe o alumnado de 2 ESO asistiu, dentro da programación do Salón do libro, a un encontro con Miguel Porto, ilustrador de Subnormal e profe de BD no Garaxe hermético. Contounos o proceso de xestación da obra e do seu papel como ilustrador dunha historia real tan intensa, e explicounos o porqué dos planos, das cores, da disposición das viñetas... Aprendemos un montón sobre lectura visual! E o mellor de todo, como tod@s leramos o libro no IES, encantounos coñecer de primeira man o traballo creativo que hai detrás dunha BD. Grazas a Miguel pola súa cercanía e ao Salón por prepararnos actividades tan molonas!




venres, 28 de marzo de 2025

Preparando o encontro con Iñaki Zubizarreta

Algo está a pasar no IES que andan as aulas revolucionadas. O próximo 22 de abril teremos a visita de Iñaki Zubizarreta Tellería, protagonista de Subnormal. Una historia de acoso escolar (Dibbuks). En todas as clases (de 1º ESO a 1º Bacharelato) estamos a ler a obra e preparando o encontro. Ademáis, o alumnado de 2º ESO visitará o vindeiro 4 de abril o Salón do libro de Pontevedra para ter unha charla cos ilustradores desta BD (Fernando Llor e Miguel Porto). Intentaremos conseguir que, entre tod@s, poidamos facer do noso centro un lugar mellor!




xoves, 14 de marzo de 2024

Todo preparado para a Semana CAM

Na tarde de hoxe, o alumnado do club de cómic e manga traballou arreo para deixar todo preparado para a semana CAM, que dará o pistoletazo de saída o próximo luns. Grazas, rapaces!








Encontro con Paula Cheshire e Kiko Da Silva

Na mañá de hoxe, o alumnado dos clubs de manga, álbum ilustrado e Petiscos de arte, tiveron o privilexio de coñecer ben de preto a dúas figuras fundamentais da banda deseñada galega. Paula Cheshire contounos a súas peripecias vitais ata converterse no que é hoxe, unha creadora emerxente. E Kiko da Silva, que é unha das figuras máis relevantes da banda deseñada en Galicia e director do Garaxe Hermético, falounos de todo o que xira arredor da BD. Un verdadeiro gusto escoitalos! A actividade realizouse no marco do Salón do Libro de Pontevedra.







xoves, 7 de marzo de 2024

E por fin chega a Semana CAM


Un dos eventos máis agardados polo alumnado do noso IES é a Semana do cómic, manga e anime. E xa temos a programación! 

Lembra que tes que anotarte na mesa habilitada no hall, entre o 11 e o 14 de marzo, para participar nas actividades! 

Mil grazas a Eneko Leonet, de 2º de Bacharelato, polo cartaz e o vídeo promocional.  E, por suposto, á rapazada do club de lectura de cómic e manga que organiza xogos e obradoiros! Arrincamos!


Para ver o programa, descarga o cartel e amplía a imaxe!

venres, 12 de xaneiro de 2024

Picasso, protagonista

 O alumnado de 4 asistiu hoxe á exposición "Picasso, protagonista", unha ollada á obra e biografía do artista desde a banda deseñada. Visitamos as salas do Café Moderno de Pontevedra e realizamos un obradoiro artístico-tecnolóxico inspirado polo Guernica. A actividade englóbase no lema deste ano das Bibliotecas escolares de Galicia: "Unha biblioteca escolar en viñetas".