Amosando publicacións coa etiqueta voluntariado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta voluntariado. Amosar todas as publicacións

domingo, 9 de febreiro de 2025

Preparando o Entroido

O noso alumnado voluntario está xa a preparar o Entroido coa ambientación da biblioteca.


Ademais, o alumnado de 4 ESO terá unha sesión divulgativa sobre o Entroido tradicional galego e, aqueles que cursan a materia de Educación Plástica, gozarán os días 20 e 27 dun obradoiro de máscaras dirixido por Electra, de Pedras de Papel, e organizado por Biblioteca (en colaboración co EDLG e o Departamento de Educación Plástica e Visual).

mércores, 18 de decembro de 2024

Obradoiros de xogos de mesa

O alumnado usuario dos xogos de mesa, realizou na mañá de hoxe un obradoiro para 1 ESO, de xeito que os pequenos aprendesen a xogar, coñecesen os materiais dispoñibles e pasasen un bo rato. Grazas aos monitores da actividade, que explicaron xenial e botamos todos unhas boas risas!











domingo, 24 de novembro de 2024

Actividades Novembro, mes da ciencia en galego na biblioteca

Co gallo de Novembro, mes da ciencia en galego na biblioteca, o voluntariado da biblioteca e o alumnado do club de lectura de ciencia teñen preparados uns obradoiros para a semana do 25 ao 29. 







E non esquezas entregar a túa maqueta científica. Tes de prazo ata o venres 29 para entregala na biblioteca! Participa e que a ciencia te acompañe!



venres, 18 de outubro de 2024

Formación do voluntariado

Xa temos ao noso voluntariado preparado para as tarefas de xestión, procura de materiais e dinamización da biblioteca. Grazas por colaborar con nós, Iria, Alba, Nora, Martín e Óscar.



martes, 19 de decembro de 2023

Obradoiro de árbores de Nadal na biblioteca

As nosas voluntarias da biblioteca realizaron, na mañá de hoxe, un obradoiro de árbores de Nadal con materiais de expurgo. O resultado, un verdadeiro éxito!