xoves, 4 de xuño de 2026
Traballando na biblio coas actividades do proxecto do PFPP
xoves, 28 de maio de 2026
Procurando sesgos nos titulares de prensa
xoves, 23 de abril de 2026
Plan de formación de profesorado
Seguimos co noso PFPP sobre proxectos interdisciplinarios desde a biblioteca escolar. Hoxe estivemos a preparar actividades de matemáticas, economía, linguas e francés en relación a Nómades, de Xosé Tomás.
martes, 6 de maio de 2025
Recursos para a dinamización da biblioteca
Dentro do PFPP o profesorado partillou distintas propostas para a formación de usuarios, a creación literaria e o achegamento á poesía. Aquí quedan algunhas imaxes:
martes, 28 de xaneiro de 2025
PFPP. Formación do profesorado
E seguimos na procura de novas propostas de traballo na biblioteca dentro do noso PFPP, desta vez da man de Pablo Otero e os seus libros de artista. Grazas por esta tarde de creatividade. Velaquí o resultado:
martes, 14 de xaneiro de 2025
Recursos para a dinamización da biblioteca no PFPP
Na tarde de hoxe contamos con Jose Rodríguez, coordinador da biblioteca do IES Enrique Muruais de A Pontenova, que nos falou dos recursos humanos, económicos e materiais para a dinamización da biblioteca dentro do noso PFPP. Grazas polas túas aportacións!
mércores, 18 de decembro de 2024
Nova cartelería da radio
Grazas ao PFPP e ás indicacións dos profesionais de Radio Pontevedra, xa temos a nova cartelería para que poidades empregar de xeito autónomo a nosa cabina de radio!
martes, 19 de novembro de 2024
Inicio PFPP
Na tarde de hoxe comezamos o Seminario Recursos para a dinamización de biblioteca dentro do PFPP do centro, con moitas ideas, propostas e ganas de traballar. Iremos mostrando as sesións e trataremos de poñer en práctica todo o que vaia saíndo!

































