Amosando publicacións coa etiqueta Arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arte. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de abril de 2026

Libros que veñen e van

A partir das lecturas incluidas na Caixa de plástica, o alumnado realizou unha proposta alternativa de portada para algúns dos libros traballados. Velaquí os resultados:











venres, 6 de marzo de 2026

Biblioteca + deseño - Viaxe á cretividade

Co gallo do lema das Bibliotecas Escolares deste curso 25/26, a Biblioteca organizou, en colaboración con Ana e África de @Tallerabierto un obradoiro de deseño. 

Traballamos arreo durante tres horas nas que fixemos o plano do IES de memoria, falamos de deseño de obxectos, espazos e logos, redeseñamos as sillas das aulas, medimos o claustro interior e propuxemos un deseño alternativo para este espazo que queremos convertir nun lugar con moita vida (en plano e maqueta).

Aquí vos deixamos as imaxes da xornada. Moitas grazas a Tallera Abierto por esta proposta de traballo tan inspiradora! 


















luns, 2 de febreiro de 2026

Obradoiros de benestar e convivencia

Hoxe traballamos na biblio, dentro do plan de Benestar e convivencia, coas ideas de compartir e respectar o espazo e o traballo alleo. E como? Pois a partir da obra de Sonia Delaunay e a lectura de Sonia Delaunay. Una vida de color da colección Moma da Ed. SM.










martes, 11 de marzo de 2025

Penúltima sesión de Petiscos de arte: Pablo Picasso

Hoxe, trala lectura de ¡Mira qué artista! Pablo Picasso, de Patricia Geis (Editorial Combel), o alumnado do club de lectura Petiscos de arte estivo a traballar cos autorretratos e retratos cubistas. Primeiro, fixeron o seu autorretrato empregando un soporte de espello para, a continuación, elaborar un retarato da profesora debuxada desde seis puntos de vista distintos. Aquí vos quedan os resultados de hoxe:










Agardámosvos na próxima sesión, o martes, 8 de abril, para un novo petisco de arte!


xoves, 27 de febreiro de 2025

Actividades de Entroido na biblioteca

O alumnado de 4 ESO que cursa Expresión plástica gozou do Obradoiro impartido por #pedrasdepapel organizado por Biblioteca en colaboración co EDLG e os Departamentos de Debuxo e Lingua e literatura galegas. Velaquí os resultados:






Ademais, o alumnado voluntario elaborou para a biblio unha decoración ben peliqueira. Grazas!!