Amosando publicacións coa etiqueta Deseño. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Deseño. Amosar todas as publicacións

venres, 6 de marzo de 2026

Biblioteca + deseño - Viaxe á cretividade

Co gallo do lema das Bibliotecas Escolares deste curso 25/26, a Biblioteca organizou, en colaboración con Ana e África de @Tallerabierto un obradoiro de deseño. 

Traballamos arreo durante tres horas nas que fixemos o plano do IES de memoria, falamos de deseño de obxectos, espazos e logos, redeseñamos as sillas das aulas, medimos o claustro interior e propuxemos un deseño alternativo para este espazo que queremos convertir nun lugar con moita vida (en plano e maqueta).

Aquí vos deixamos as imaxes da xornada. Moitas grazas a Tallera Abierto por esta proposta de traballo tan inspiradora! 


















xoves, 26 de febreiro de 2026

Biblioteca + deseño - Viaxe á creatividade

A partir do lema das Bibliotecas escolares de Galicia deste 2026, propoñémosvos un obradoiro de achegamento ao deseño de espazos, da man das arquitectas de Taller Abierto. Anotádevos na biblio ata o 4 de marzo. As prazas son limitadas!

luns, 27 de outubro de 2025

Samaín na biblioteca


Durante estes días previos ao Samaín, a nosa biblioteca viu xurdir bruxas, vampiros, caveiras e esqueletos. 

Nesta actividade, organizada polo Departamento de tecnoloxía en colaboración coa biblioteca, o alumnado de 2 ESO creou os seus "gardiáns do saber", bonecos inspirados no Samaín (deseño e manipulación de materiais) xunto a conxuros terroríficos, todos eles relacionados coa lectura, coma o que vos deixamos a continuación:

"Un, dous, tres, ti vas ler,
Tres, dous, un, se non o fas, moito medo pasarás"