Amosando publicacións coa etiqueta animación á lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animación á lectura. Amosar todas as publicacións

martes, 30 de setembro de 2025

Libros que veñen e van

As nosas caixas viaxeiras empezarán a visitar as aulas de 1 ESO a próxima semana, e que mellor maneira de empezar que cun clásico da literatura británica para as clases de inglés: a colección de Mr. Men e Little Miss de Roger Hargreaves! En versión orixinal! 

xoves, 24 de abril de 2025

Libros que veñen e van en matemáticas

Os Libros que veñen e van andiveron estes días polas aulas de matemáticas. A partir da lectura dalgunhas seccións do libro  Grandes enigmas de la ciencia de Marián Mellén e Luis Quevedo, o alumnado traballou arreo para elaborar un traballo expositivo que quedou así de chulo! Moitas grazas, coma sempre, ao profesorado implicado!











venres, 4 de abril de 2025

Tempos de lectura




Encontro con Miguel Porto

 Na mañá de hoxe o alumnado de 2 ESO asistiu, dentro da programación do Salón do libro, a un encontro con Miguel Porto, ilustrador de Subnormal e profe de BD no Garaxe hermético. Contounos o proceso de xestación da obra e do seu papel como ilustrador dunha historia real tan intensa, e explicounos o porqué dos planos, das cores, da disposición das viñetas... Aprendemos un montón sobre lectura visual! E o mellor de todo, como tod@s leramos o libro no IES, encantounos coñecer de primeira man o traballo creativo que hai detrás dunha BD. Grazas a Miguel pola súa cercanía e ao Salón por prepararnos actividades tan molonas!




venres, 28 de marzo de 2025

Preparando o encontro con Iñaki Zubizarreta

Algo está a pasar no IES que andan as aulas revolucionadas. O próximo 22 de abril teremos a visita de Iñaki Zubizarreta Tellería, protagonista de Subnormal. Una historia de acoso escolar (Dibbuks). En todas as clases (de 1º ESO a 1º Bacharelato) estamos a ler a obra e preparando o encontro. Ademáis, o alumnado de 2º ESO visitará o vindeiro 4 de abril o Salón do libro de Pontevedra para ter unha charla cos ilustradores desta BD (Fernando Llor e Miguel Porto). Intentaremos conseguir que, entre tod@s, poidamos facer do noso centro un lugar mellor!




Charlas sobre Animais extraordinarios na biblioteca: Xulio Gutiérrez

Na mañá de hoxe o alumnado do centro tivo a oportunidade de escoitar, un ano máis, a Xulio Gutiérrez, autor da colección Animais extraordinarios publicada por Kalandraka e grazas ao Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Xulio falounos sobre curiosidades zoolóxicas e tamén sobre o proceso de documentación e ilustración dos libros, realizada por Nicolás Fernández. Estes libros, Ollos, Bocas, Ocultos, Nacer, Construtores e Viaxeiros, que xa se convertiron en obras imprescindibles da divulgación científica en galego, están dispoñibles na nosa biblioteca. É sempre un pracer escoitarte, Xulio!




xoves, 6 de marzo de 2025

Itinerario lector: Novela gráfica

Durante este curso académico, o alumnado de 1 de Bacharelato tivo a oportunidade de escoller, como lectura obrigatoria, unha obra de novela gráfica entre as propostas por Biblioteca en colaboración co Departamento de Lingua castelá e literatura.

Os títulos propostos foron os seguintes:

Altarriba, A. El cielo en la cabeza. Ed. Norma.

Roca, P. La casa. Ed. Astiberri.

Sacco, J. Palestina. En la franja de Gaza. Ed. Planeta DeAgostini.

Altarriba, A. /Kim. El arte de volar. Ed. Edicións del ponent.

Altarriba, A. /Kim. El ala rota. Ed. Edicións del ponent.

Winick, J. Pedro y yo. Ed. Astiberri

Satrapi, M. Persépolis, Ed. Norma

Suk Gendry-Kim, K. Hierba. Ed. Reservoir books

Roca, P. El abismo del olvido, Ed. Astiberri.

Roca, P Los surcos del azar, Ed. Astiberri.

Martín, J. Jamás tendré 20 años. Ed. Norma

Durand, E. Transiciones. Ed. Andana gráfica.

Maroh, J. El azul es un color cálido Ed. Dibbuks.

Lema, B. El cuerpo de Cristo. Ed. Astiberri

De Frutos, C. Vanguardia es una mujer. Ed. Norma.

JDMorvan, Matet, Cesc, Roger - Ginette Kolinka. Adiós, Birkenau. Ed. Norma.

A partir das lecturas realizadas, o alumnado elaborou un traballo no que, ademais de investigar sobre o formato da novela gráfica e sobre os temas tratados, debía realizar unha creación propia. 


Nerea García, a partir da lectura de Regreso al edén


Ánxela Mayo, a partir da lectura de El ala rota