Amosando publicacións coa etiqueta Kiko Da Silva. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Kiko Da Silva. Amosar todas as publicacións

xoves, 14 de marzo de 2024

Encontro con Paula Cheshire e Kiko Da Silva

Na mañá de hoxe, o alumnado dos clubs de manga, álbum ilustrado e Petiscos de arte, tiveron o privilexio de coñecer ben de preto a dúas figuras fundamentais da banda deseñada galega. Paula Cheshire contounos a súas peripecias vitais ata converterse no que é hoxe, unha creadora emerxente. E Kiko da Silva, que é unha das figuras máis relevantes da banda deseñada en Galicia e director do Garaxe Hermético, falounos de todo o que xira arredor da BD. Un verdadeiro gusto escoitalos! A actividade realizouse no marco do Salón do Libro de Pontevedra.