Amosando publicacións coa etiqueta Radio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Radio. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de maio de 2026

Finalistas nos premios Jose Hermida de Radio

Hoxe asistimos, como finalistas, á gala da II edición dos Premios Jose Hermida de radio escolar. Aínda que non fomos premiados, pasámolo fenomenal e trouxémonos ao IES unha gravadora profesional e un trofeo ben chulo! 




martes, 21 de abril de 2026

Somos finalistas!

Na mañá de hoxe recibimos a boa nova de que somos un dos cinco centros de secundaria finalistas da II edición dos Premios José Hermida de Radio Escolar organizados por Radio Pontevedra - Cadena Ser. 

O podcast presentado foi realizado polo alumnado de 2 ESO B en colaboración co C.P. A Lama, nunha xornada de convivencia moi emotiva. A ver se hai sorte! 

Grazas a #radiopontevedra pola proposta e polo recoñecemento ao noso traballo.

luns, 23 de marzo de 2026

Os nosos podcast de 2 ESO


Nas aulas de 2 ESO traballamos arreo neste curso para elaborar podcast empregando o espazo de radio da biblio. Tras decidir os temas, elaborar os guións e contactar cos entrevistados, aquí temos por fin os resultados:





xoves, 19 de febreiro de 2026

Visita a Pontevedraviva radio

Seguimos a nosa formación de radio, desta volta, da man dos xornalistas de Pontevedraviva Radio, cos que falamos de escaletas e locución. Xa estamos preparados para executar os nosos podcast!






xoves, 12 de febreiro de 2026

Ensaios no espazo de radio

Temos xa preparados os guions e andamos estes días practicando a locución e repasando a parte técnica. Agardamos uns traballos de 10!







martes, 3 de febreiro de 2026

Traballando coa radio

Nestes días andamos preparando escaletas, guions e preguntas para os entrevistados dos nosos podcast. En breve, tocará ensaios, execución e edición!



xoves, 9 de outubro de 2025

Nova visita á Radio Pontevedra

Desta volta foi o alumnado de 2 ESO B o que acudiu ás instalacións de Radio Pontevedra para coñecer de primeira man todo o proceso do traballo nunha radio. Agora, toca poñerse mans á obra para a creación do noso podcast!



venres, 23 de maio de 2025

Obradoiros de benestar e convivencia

Hoxe a biblioteca foi un fervedoiro na hora dos obradoiros de benestar e convivencia. Un grupo estivo gravando podcast na radio e outro, nun obradoiro de narración oral.



venres, 28 de marzo de 2025

Radio Xunqueira: un fervedoiro

Na mañá de hoxe a radio da Biblioteca foi un fervedoiro. 

Empezou a traballar o alumnado de 4º ESO que, dirixido pola profesora María Bravo do Departamento de inglés, está a ensaiar os seus podcast en lingua inglesa, desenvolvendo así tanto as súas destrezas na escrita como na oralidade. 

Despois foi o turno do alumnado de 2º ESO, que participará, coordinado polo Departamento de Lingua castelá, no concurso de Radio Pontevedra - Cadena Ser José Hermida, cun podcast no que decidiron imitar a linguaxe e seccións radiofónicas da radio da nosa cidade traballando diversos xéneros periodísticos (noticias, entrevistas e crónicas) e a edición de audio.


venres, 20 de decembro de 2024

Visita a Radio Pontevedra

Na mañá de hoxe, outro grupo de 2 ESO gozou das actividades organizadas por Radio Pontevedra dentro do seu proxecto de Radio escolar. Coñecemos o seu estudio, participamos no magazine e ata asistimos a unha actuación en directo. Grazas a todo o equipo de Radio Pontevedra!!! Pasámolo xenial!!!






mércores, 18 de decembro de 2024

Nova cartelería da radio

Grazas ao PFPP e ás indicacións dos profesionais de Radio Pontevedra, xa temos a nova cartelería para que poidades empregar de xeito autónomo a nosa cabina de radio! 





martes, 17 de decembro de 2024

Romancero 2.0

Tamén no espazo de radio andiveron a traballar os alumnos e alumnas de Bacharelato para crear un podcast literario. Aquí vos queda unha mostra do traballo realizado na aula de Lingua castelá e literatura que gravamos, posteriormente, na radio da Biblioteca. Non volo perdades!

Traballando a lectura expresiva de textos narrativos no espazo de radio

O alumnado de 2º ESO achegouse ao formato podcast para practicar a lectura expresiva de textos narrativos. Aquí vos deixamos algúns dos textos traballados:

martes, 3 de decembro de 2024

Practicando a lectura expresiva e o uso da radio

Durante estes días, o alumnado de 2 ESO está a practicar a lectura expresiva e o uso da radio e do Audacity co obxectivo de grabar con calidade, no vindeiro trimestre, o seu propio programa.




martes, 26 de novembro de 2024

Formación en radio para profesorado

Na tarde de hoxe tivemos o pracer de ter a visita de Iván Montáns e Alfonso González de Radio Pontevedra. Axudáronnos coas dúbidas técnicas e déronnos moitos consellos para traballar coa radio nas aulas. Moitísimas grazas por todo! Foi unha tarde ben proveitosa!




mércores, 13 de novembro de 2024

Visita a Radio Pontevedra

O alumnado de 2 ESO tivo, na mañá de hoxe, o privilexio de escoitar a tres referentes da comunicación na nosa cidade: Alfonso González, Luz Espiño e Belén Hermida, de Radio Pontevedra, que compartiron con nós a experiencia da radio en directo, anécdotas persoais e consellos para que a comunicación mediante a palabra sexa efectiva. Grazas a todo o equipo de Radio Pontevedra pola acollida!