Amosando publicacións coa etiqueta Álbum ilustrado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Álbum ilustrado. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de abril de 2026

Migrantes

Emigrantes - Castelao, 1915

Todos, dalgún xeito, fomos, somos ou seremos migrantes. Os motivos son tan variados como as persoas que deixan o seu fogar (fuxir da pobreza, mellorar as condicións de vida, escapar de guerras e violencia...). 

Nestes momentos, tan propicios ao odio, a biblioteca suxírevos esta selección de lecturas como pílulas para a empatía. Porque, antes de xulgar, hai que coñecer, e a lectura será a mellor ferramenta para que formedes a vosa propia opinión.










martes, 30 de setembro de 2025

Libros que veñen e van

As nosas caixas viaxeiras empezarán a visitar as aulas de 1 ESO a próxima semana, e que mellor maneira de empezar que cun clásico da literatura británica para as clases de inglés: a colección de Mr. Men e Little Miss de Roger Hargreaves! En versión orixinal! 

martes, 19 de novembro de 2024

¿Qué es la libertad?








A partir do álbum ¿Qué es la libertad? da esitorial Thule, o alumnado do club Petiscos de arte experimentou distintos procesos creativos que fusionaron, finalmente, nunha obra colectiva. Unha lectura moi recomendable para a exploración de técnicas gráficas.

venres, 8 de novembro de 2024

Obradoiro de Benestar e Convivencia

Hoxe continuamos co obradoiro da biblioteca, dentro do Plan de Benestar e Convivencia do centro coordinado desde vicedirección, coa obra "Los misterios del señor Burdick" de Chris Van Allsburg en FCE editora. A partir da lectura, o alumnado de 1 ESO creou as súas propias historias. 







martes, 29 de outubro de 2024

Inicio de Petiscos de arte





Iniciamos a nova tempada de Petiscos de arte con Yves Klein da Editorial Phaidon. E coma sempre, trala lectura, tocou experimentar nas nosas carnes coas técnicas do artista, neste caso, de xeito literal. Pasámolo de marabilla!! 
 

martes, 14 de maio de 2024

Última sesión do Seminario sobre itinerarios lectores

Esta tarde rematamos a formación do Seminario sobre Itinerarios lectores realizando unha análise DAFO sobre o noso Plan de lectura e visitando, na procura de novos materiais de álbum ilustrado, á Cova dos libros.





martes, 19 de marzo de 2024

Nana de tela e Louise Bourgeois en Petiscos de arte

Na tarde de hoxe, no club de lectura Petiscos de arte, traballamos con Nana de tela. La vida tejida de Louise Bourgeois. Trala lectura do álbum ilustrado, que narra a súa infancia rodeada de telas, lá e fíos, analizamos a influencia do mundo textil na súa obra. Nós, inspirámonos no fío para crear unhas chapas que quedaron chulísimas!






martes, 27 de febreiro de 2024

Warja Lavater en Petiscos de arte

Na sesión de hoxe do club de lectura Petiscos de arte, traballamos con "Tell" e "Le petit Chaperon Rouge" de Warja Lavater. Trala lectura das dúas obras, tratamos de seguir o proceso creativo da artista narrando, unicamente con formas xeométricas, a historia de Carapuchiña no noso propio libro acordeón. Houbo ata quen quixo innovar e creou a partir da historia dos tres porquiños! Un gusto vervos traballar, rapaces! 












mércores, 7 de febreiro de 2024

Nova xornada da formación sobre Itinerarios lectores PFPP

Na tarde de hoxe celebramos a segunda sesión de formación con Begoña Paz e Itzíar Ezquieta sobre o álbum ilustrado como recurso didáctico. Entramos de cheo en materia deseñando propostas interdisciplinarias a partir de álbumes e cómics, ademais das correspondentes propostas de itinerario lector.