Amosando publicacións coa etiqueta Salón do Libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Salón do Libro. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de marzo de 2026

Visita ao Salón do Libro 2026 de Pontevedra


 

Esta semana tivemos a oportunidade de participar en distintas actividades organizadas polo Salón do Libro de Pontevedra, un espazo de encontro arredor dos libros, a creación e a cultura.

O luns, 16 de marzo, unha representación dos diferentes clubs de lectura asistiu á xornada de convivencia dos clubs de lectura da provincia. Foi unha ocasión magnífica para coñecer alumnado doutros centros, compartir experiencias e descubrir novas propostas lectoras. Cada grupo presentou o seu club, explicou como desenvolve as súas actividades e recomendou algunhas das lecturas que máis o marcaron ao longo do curso. 

A xornada completouse cun agasallo moi especial por parte da organización do Salón: unha charla-concerto do cantante Mondra, que conquistou aos asistentes coa súa proximidade, as súas recomendacións lectoras e unha proposta musical que mestura tradición e modernidade. Foi un peche perfecto para un día cheo de lecturas, convivencia e cultura.

 

Dous días despois, o mércores 18 de marzo, foi a quenda do alumnado do club de banda deseñada e manga, que visitou no Pazo da
Cultura a exposición dedicada á obra
Idol!, creada por Alba Chan e Ene, gañadoras do V Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada (2023).

A exposición permitiunos achegarnos ao proceso creativo das autoras, descubrir os orixinais da obra e coñecer de preto o traballo que hai detrás da creación dunha banda deseñada. Foi unha experiencia moi enriquecedora para todas as afeccionadas/os ao manga e á novela gráfica, que puideron apreciar con outros ollos o valor artístico e narrativo deste medio.

 




 

venres, 4 de abril de 2025

Encontro con Miguel Porto

 Na mañá de hoxe o alumnado de 2 ESO asistiu, dentro da programación do Salón do libro, a un encontro con Miguel Porto, ilustrador de Subnormal e profe de BD no Garaxe hermético. Contounos o proceso de xestación da obra e do seu papel como ilustrador dunha historia real tan intensa, e explicounos o porqué dos planos, das cores, da disposición das viñetas... Aprendemos un montón sobre lectura visual! E o mellor de todo, como tod@s leramos o libro no IES, encantounos coñecer de primeira man o traballo creativo que hai detrás dunha BD. Grazas a Miguel pola súa cercanía e ao Salón por prepararnos actividades tan molonas!




luns, 31 de marzo de 2025

Troca de libros no Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra 2025

Queremos agradecer o labor da nosa ANPA na preparación do espazo e a xestión da Troca de libros 2025, organizada polo IES Torrente Ballester en colaboración co Salón e que se celebrou este domingo 30 de marzo. Grazas mil!

venres, 28 de marzo de 2025

Encontro de Clubs de Lectura de Pontevedra

 E seguimos no Salón do Libro

Esta mañá, no Salón do Libro de Pontevedra,  xuntámonos os Clubs de Lectura de Pontevedra, ademais doutros ies dos arredores, para falar de nós e de libros (como non!!). Foi unha mañá ben bonita, chea de historias e moita diversión, que tamén nola quixo achegar o narrador Dani Blanco coa súa obra "Marmuraban as miñas veciñas". Ao final desta convivencia, chegou o esperado concurso Le e Gaña co que recibimos varios lotes de libros como premio.

Nora e Diego foron os encargados de presentarnos ao resto de escolas, falando dos clubs e dalgúns dos libros que cada un leu, coas súas recomendacións incluídas. E Nico é o responsábel das fotos tan profesionais que podedes ver na nosa galería sobre o musical. Felicidades e agradecementos a todas e todos vós!

Tras un breve descansiño para merendar, puidemos asistir ao musical Les miseràbles, que escenificou o IES Illa de Ons. Unha posta en escena magnfífica e cun grande traballo detrás. Parabéns a esta escola!

Podedes ver a mostra do ben que o pasamos premendo aquí

Até o próximo encontro, amiguiñas e amiguiños! 👋👋

xoves, 27 de marzo de 2025

Salón do libro 2025

Xa comezou o Salón do Libro, en Pontevedra. Nesta nova edición, o país convidado é Francia, achegándonos principalmente ao mundo do cinema e dos libros. 

E entre as propostas presentadas, coñecer á autora Consuelo Vercher (francesa hoxe galega) a través dunha conversa ao redor do seu libro Charlotte. E quen tivo o pracer de coñecela e compartir unha horas matutinas con ela foi o grupo de francés de 2ºBacharaleto, quen saíu contento e sorprendido pola cercanía da escritora.

Grazas ao Salón e, en especial, a Consuelo Vercher.

xoves, 6 de marzo de 2025

Dálle unha nova vida aos libros usados!


Participa na Troca de libros do Salón do libro de Pontevedra, organizada polo IES Torrente Ballester, o domingo 30 de marzo no Pazo da cultura. Trae un ou máis libros en bo estado á biblioteca do IES. Por cada libro que traias darémosche un vale para cambiar na Troca por outro do teu interese. Non perdas a oportunidade de darlle unha nova vida aos libros usados!

xoves, 29 de febreiro de 2024

Selección de libros sobre a Maxia

Co gallo da celebración do XXV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que ten como lema este ano a Maxia, a biblioteca do IES Xunqueira preparou unha selección de libros sobre esta temática. Agardamos que vos guste!