Amosando publicacións coa etiqueta Itinerarios lectores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Itinerarios lectores. Amosar todas as publicacións

xoves, 6 de marzo de 2025

Itinerario lector: Novela gráfica

Durante este curso académico, o alumnado de 1 de Bacharelato tivo a oportunidade de escoller, como lectura obrigatoria, unha obra de novela gráfica entre as propostas por Biblioteca en colaboración co Departamento de Lingua castelá e literatura.

Os títulos propostos foron os seguintes:

Altarriba, A. El cielo en la cabeza. Ed. Norma.

Roca, P. La casa. Ed. Astiberri.

Sacco, J. Palestina. En la franja de Gaza. Ed. Planeta DeAgostini.

Altarriba, A. /Kim. El arte de volar. Ed. Edicións del ponent.

Altarriba, A. /Kim. El ala rota. Ed. Edicións del ponent.

Winick, J. Pedro y yo. Ed. Astiberri

Satrapi, M. Persépolis, Ed. Norma

Suk Gendry-Kim, K. Hierba. Ed. Reservoir books

Roca, P. El abismo del olvido, Ed. Astiberri.

Roca, P Los surcos del azar, Ed. Astiberri.

Martín, J. Jamás tendré 20 años. Ed. Norma

Durand, E. Transiciones. Ed. Andana gráfica.

Maroh, J. El azul es un color cálido Ed. Dibbuks.

Lema, B. El cuerpo de Cristo. Ed. Astiberri

De Frutos, C. Vanguardia es una mujer. Ed. Norma.

JDMorvan, Matet, Cesc, Roger - Ginette Kolinka. Adiós, Birkenau. Ed. Norma.

A partir das lecturas realizadas, o alumnado elaborou un traballo no que, ademais de investigar sobre o formato da novela gráfica e sobre os temas tratados, debía realizar unha creación propia. 


Nerea García, a partir da lectura de Regreso al edén


Ánxela Mayo, a partir da lectura de El ala rota

mércores, 7 de febreiro de 2024

Nova xornada da formación sobre Itinerarios lectores PFPP

Na tarde de hoxe celebramos a segunda sesión de formación con Begoña Paz e Itzíar Ezquieta sobre o álbum ilustrado como recurso didáctico. Entramos de cheo en materia deseñando propostas interdisciplinarias a partir de álbumes e cómics, ademais das correspondentes propostas de itinerario lector.









martes, 7 de novembro de 2023

Formación de profesorado: Itinerarios lectores

 Hoxe iniciamos o PFPP do centro co seminario sobre Itinerarios lectores, no que traballaremos once profesores e profesoras. 



Na sesión de hoxe achegámonos ao concepto de Itinerarios lectores e avaliamos carencias da biblioteca en canto a títulos que consideramos imprescindibles nunha biblioteca escolar de secundaria.